Thursday 02 de May de 2024

A rehabilitación do Lavadoiro de Artes afronta unha nova fase coa recuperación das antigas bancadas de pedra


A rehabilitación do antigo lavadoiro do río Artes vai cobrando forma e despois da eliminación da cuberta de fibrocemento e dos pilares de formigón instalados na década dos anos 70, a empresa adxudicataria da actuación, Sonense de Granitos, está a desenvolver os traballos oportunos para que as bancadas de pedra recobren o seu aspecto orixinal.

Para tal fin, o material necesario para esta actuación (pedras de granito silvestre do Barbanza) chegou na tarde de onte e os operarios xa están inmersos na súa colocación no perímetro do lavadoiro.

A execución do proxecto, deseñado polo arquitecto compostelá Carlos Seoane e que conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, inclúe ademais a limpeza do entorno do río e o abastecemento de auga ao lavadoiro, que con 28 metros é o máis longo do municipio.

O importe da obra ascende a 41.338 euros (IVE incluído).